Hotel Maroa in Vigo. Official Website

Hotel Maroa

Benvidos a un recuncho único situado no corazón da cidade de Vigo.

O noso hotel boutique de catro estrelas sitúase á beira da Praza da Alameda e a cinco minutos andando do Porto e do casco antigo.

A localización é excelente para coñecer a cidade a pé. Moi preto do noso hotel atópanse numerosos restaurantes onde poder degustar a gastronomía típica da zona en todas as súas facetas, múltiples comercios e locais de lecer.

Se desexas perderte nas marabillosas Illas Cíes ou realizar outro tipo de roteiro por mar, podes desprazarte andando á estación marítima que se atopa a 5 minutos do noso aloxamento.

As fermosas praias das Rías Baixas son parada obrigatoria se visitas a nosa cidade.Tanto Samil, como as praias da Ría de Aldán e Pontevedra, atópanse a escasos minutos en coche e o aeroporto da cidade está tan só a quince minutos.

Dende a nosa terraza na 7ª planta, gozarás da túa bebida favorita contemplando as espectaculares vistas da Ría de Vigo.

Ademais, dispoñemos dun salón de reunións con luz natural e capacidade para 30 persoas, idónea para pequenas reunións, charlas ou showrooms.


Esperámoste!


Ver menú

Opinións

9.4 / 10

Remanso de tranquilidade
É o segundo ano que nos hospedamos nun dos apartamentos do hotel porque ofrece un ambiente máis familiar e cómodo que unha habitación. Está moi ben acondicionado. Destacaríamos a terraza do ático, na que se poden gozar esas tardes-noites viguesas contemplando a ría (e os solpor desde a mesma).

9.6 / 10

Para repetir con seguridade
Ubicación perfecta, habitación cómoda e agradable, atención na recepción excelente.

10 / 10

Tanto as instalacións como o persoal son inmejorables.

Hotel

Hotel Maroa

Vigo

Dirección

Rúa Pablo Morillo, 6, 36201 Vigo, Pontevedra

36201 Vigo Pontevedra España

Contacto

Síguenos