Billetes de barco - islas Cíes
As illas Cíes son un arquipélago español situado na ría de Vigo formado por tres illas: Monteagudo, Montefaro e San Martiño.
As illas creáronse a finais da Era do Terciario, cando se produciron os afuundimentos dalgunas partes da costa deixando de lado as illas e a península.
A presenza humana nas illas é de finais do Paleolítico (fai uns 12.000 anos), pero non se encontraron asentamentos estables, só algunhas ferramentas de obxectos relacionados coa pesca.
Durante as seguintes idades, non se atoparon grandes restos ata a chegada do emperador Xulio César na pria de Rodas da illa de Monteagudo donde realizou unha batalla contra as tribus que habitaban nesa illa.
Nos seguintes séculos, as illas Cíes tiveron unha referencia histórica curta ata o século XVI, onde o corsario Francis Drake utilizou as illas como base de operación e aprovisionamento dos seus barcos.
Os poboadores das illas vivían principalmente da agricultura e da pesca, ata a chegada do século XX onde comezou a despoboarse a illa chegando o seu mínimo a mediados do século pasado.
É aquí, en 1960 cando o despegue do turismo fixo que as illas foran recibindo cada vez máis visitantes polo seu paraxe natural chegando a ser visitadas, en tempada de verán, por máis de 3.000 visitantes ó día.
Actualmente, na túa visita, poderás encontrar unhas incríbles praias e vistas naturais, antigos almacéns de alimentos, un pequeno cuartel do século XIX, un faro, entre outros restos máis.