Porto de Vigo
Porto de Vigo
O porto de Vigo é un dos portos pesqueiros máis importantes do mundo, é un espazo amplo, que non só ten interese industrial, senón tamén turístico.
Podedes gozar dun paseo por este lugar contemplando a chegada de numerosos cruceiros ao longo do ano. Ademais, hai visitas guiadas nas que se pode presenciar a descarga de grandes colectores de lugares como Asia ou América e o seu patrimonio pesqueiro.